Ponteasesores, asesoría de empresas en pontevedra

Calle Michelena 11, 2ºizqda. 36002 Pontevedra.986 090 122info@ponteasesores.es

Liñas de axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Entidade foi beneficaria dunha axuda pola cal a metade do seu cadro de persoal poderá modificar o seu horario laboral e adaptalo ás suas necesidades persoais.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria notificou á Entidade PONTEASESORES 2012, S.L. a Resolución correspondente ás Axudas para implantar a RSE, Igualdade Laboral e Conciliación Laboral e Persoal mediante a cal se concede á Entidade unha subvención dentro da liña III, Subliña II, para o fomento da Flexibilidade Laboral.

 

Esta Axuda, que está cofinanciada nun 80% a  través do programa operativo do FSE de Galicia 2014-2020, permitirá a parte dos cadro de persoal dar un paso máis na conciliación da vida laboral e persoal, mediante a adopción dun acordo asinado entre a Empresa e os traballadores beneficiarios, quenes a partires do mes de outubro deste ano 2017 poden modificar o seu horario laboral habitual para adecualo ás necesidades particulares de cada un deles.

 

Consideramos que esta medida suporá un dobre beneficio, xa que por un lado os empregados disporán dunha xornada laboral moito mais flexible, o que lles permita conciliar, e por outro, redundará nun mellor clima laboral, que se traducirá, sen ningúna dúbida, nunha mellor atención ó cliente.

 

ue-xunta

Compartir